domingo, 15 de setembro de 2013

Ramón Blanco




Nacín en 1979. Crieime en Cando (Outes). Son membro do colectivo literario Sacou. Moitos dos meus primeiros textos apareceron na revista A Caramuxa, que era o voceiro deste grupo fundado na vila de Noia a finais dos noventa. Na Casa da Gramática, publicación do instituto onde estudara, seguen a editarme versos. No 2005, aproveitando que traballaba na editorial Toxosoutos, xuntei unha escolma poética no libro Orfeu en soños. Co selo da editora Acha Escrava, proxecto herdeiro do colectivo Sacou, publiquei un novo poemario no 2012: Emily on the road.

Levo varios anos dedicado ao estudo da estulticia humana, lamentabelmente sen poder aportar resultados concluíntes. Cando tento canalizar esta obsesión a través da arte literaria, acostumo escribir ensaios poéticos, que despois destrúo ou publico (talvez outra forma de destrución). Creo na violencia natural.

Na Galipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ramón_Blanco