quinta-feira, 19 de setembro de 2013

Emily on the road - III

|Ramón Blanco

ilustração de m. m. reino


no extremo do embarcadoiro a carón da lonxa

hai un anaco inservíbel de estacha

dáslle unha patada

e quedas mirando como afoga cunha queixa apagada

– flop – antes de desaparecer no limo

os peixes espállanse bican a estacha con respecto como se bicaba noutrora o pan cando había que guindalo

– os peixes procuran alimento da lama –

con respecto como se puidese matalos dun trallazo

escoiteillo a un mariñeiro

– unha vez a estacha de amarre do barco no que eu navegaba tensou tanto e de tan mal xeito que tronzou na sacudida partiu a un compañeiro á metade pola cintura morreu no intre quedaron dous homes nunha carne –