Mostrar mensagens com a etiqueta Eduardo Estevez. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Eduardo Estevez. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 17 de setembro de 2013

Entrevista a Ramón Blanco

|Eduardo Estevez

Conversa entre o nosso colaborador Eduardo Estevez e o poeta Ramón Blanco, em destaque, esta semana, na Sítio.

--> es poeta de ritmo lento, canto menos de ritmo de edición. escribes máis do que se ve? ou é que os proxectos che levan tempo? como son os teus procesos de escrita?
Escribo poesía regularmente desde os 16 anos. Aos 25 publiquei Orfeu en soños, que viña ser unha escolma do que quería salvar, de entre centos de textos que fora creando con pouco valor literario. Son perfeccionista, co cal esta valoración negativa serve para case todo o que levo escrito. Emily on the road foi medrando ao longo de seis anos, mais, obviamente, sucedéronse períodos totalmente improdutivos ou nos que só escribía algunha colaboración para as revistas. Penso moito o que quero contar, a redacción non me leva tanto. E nunca deixo de corrixir, o cal vai en contra da publicación.

--> medraches a carón (ou dentro) dun colectivo poético. pero eu penso que unha das características que diferencian a escrita máis nova en galiza é que os procesos son moito máis individuais que foron en xeracións anteriores (digamos, dos 80, incluídos para atrás). concordas con esta idea? como influíu na túa escrita o feito de que se desenvolvese no seu dun colectivo?
O colectivo Sacou foi para min unha escola e un senfín de estímulos. Del saíron algúns dos meus mellores amigos, cos que sigo a compartir lecturas e conversas sobre literatura. Coincido contigo en que o proceso é agora máis individual; de feito constátoo en min mesmo desde o intre en que Sacou pasa a segundo plano. En calquera caso nese colectivo cadaquén tiña un estilo moi diferenciado, e ademais de poetas había narradores e pintores. A cohesión viña dada máis ben, nalgúns casos, pola ideoloxía política.

--> coñeces de preto o sistema editorial galego e, ademais, es investigador da literatura do país. cal é a túa avaliación sobre a súa saúde? como ves o momento actual da produción e da edición en relación coas novas (e xa nin tan novas) formas de edición, distribución e difusión?
A literatura está no mellor momento da súa historia. Cada vez hai voces máis interesantes (e xa ían facendo falta). Outra cousa é o soporte editorial; a precariedade condena a literatura á volta ás catacumbas. A única vantaxe que podería derivarse sería unha maior selectividade á hora de publicar; por desgraza, que se publique pouco non significa necesariamente que publiquen os mellores, senón simplemente os que máis venden ou (aínda peor) os que máis amigos teñen. Valoro positivamente as novas canles de difusión do libro, mais coido que o filtro aínda segue a ser o formato papel. A xestión editorial é necesaria, e aínda máis no campo dixital.

--> levas andada media galiza co teu libro "on the road". cóntame esta experiencia de poesía en escena 
Esta xira comezou case como unha broma, por iniciativa do editor, e converteuse nun espectáculo exitoso que deu bastante que falar. Debín facer unhas trinta presentacións. Sen dúbida axudou a vender ben o libro. Tiven a sorte de contar co saxofonista Pablo Sax, cuxas improvisacións son a alma dos recitais, aínda que el diga que a partitura é o propio texto. Algunha xente díxome que esta multiactividade lembraba á que había nos noventa.

--> e, para pechar, gustaríame saber se xa estás argallando algún libro novo ou algún proxecto literario novo.
Estou a traballar nun libro-reportaxe (por chamarlle dalgunha maneira) sobre un río e as historias que del me contaron ou lin; a editora xa agarda por el, mais o seu caudal non para de medrar. Tamén teño varios proxectos narrativos en marcha. E imaxino que volverá a poesía, pois é o único xénero no que non me sinto alleo.


quinta-feira, 14 de março de 2013

Um pouco fora do lugar


Entrevista a Susana Sánchez Aríns – parte dois

|Eduardo Estevez



 Logo interessa-me saber se, para além dos propósitos concretos de cada livro, há na tua obra uma intencionalidade mais global. Pergunto-te com isto em concreto pelas tuas preocupações vitais (o papel da mulher na construção do discurso, a ideia ou as ideias de nação, este tipo de coisas) mas também por como vês o teu papel ou o papel da tua escrita no tempo que lhe toca desenvolver-se.

Sou assim tão ingénua que ainda, apesar dos tempos que estamos a viver, acredito na possibilidade de deixar um mundo melhor para as gerações vindouras.
A terra da que se alimentam as minhas raízes foi semeada, irrigada e estercada por outras pessoas, algumas sabidas, a maioria anónimas. Deram forma a uma língua, uma cultura, uma comunidade. Língua, cultura e comunidade que hoje estão em perigo de extinção. Ao tempo, tocou-me em sorte nascer mulher, mas o acaso colocou-me numa região do planeta onde a questão de género implica menos perigos: pude estudar, sou uma pessoa independente social e economicamente e posso erguer a voz sem medo da represália.

terça-feira, 12 de março de 2013

A face lírica de uma obra em construção


Entrevista a Susana Sánchez Aríns – parte um

|Eduardo Estevez


Apesar ter nascido em 1974 em Vilagarcía de Arousa, Susana Sánchez Aríns diz-se estradense (do concelho da Estrada, no interior da província galega de Pontevedra). Contudo, desde há tempo mora no contorno da ilha de Arousa onde dá aulas de língua espanhola e literatura num centro de ensino secundário.
É licenciada em Filologia Hispanica e em Filologia Portuguesa pela Universidade de Santiago de Compostela.
Mantem um blogue de poesia desde 2006 (dedos como vermes), mas não será até 2009 quando a autora veja publicada a sua primeira obra em forma de livro: [de]construçom, com a que obteve a edição de 2008 do Prémio Nacional de Poesia Xosemaría Pérez Parallé para autores e autoras inéditas. O livro foi editado pela Espiral Maior, a mais importante editora de poesia em língua galega.
Em 2012 publica mais dois títulos: Aquiltadas (na Estaleiro Editora) e A noiva e o navio (na Através Editora).
É uma autora muito ligada à net. Para além do blogue mencionado, mantém um outro: como pam da boca, no que deixa constância das suas leituras e criou dois blogues para acompanharem o percurso de cada um dos seus últimos títulos: a noiva e o navio e aquiltadas.