reparas en que algún peixe xa
estaba morto antes da danza da morte
os peteiros
penetran no limo da pel
penetran no ventre murcho dos infortunados
da carnaza extirpan fragmentos
de intestino que aboian facendo círculos vermellos antes da extinción como
caramonas tras o incendio como a noite estrelada
e os corpos baleiros afondan
co peso de todos os adeuses ancoran no máis fondo da lama
pensei que sería fermoso
afogar tamén así o peso do teu recordo empuxarche o ventre entre líquidas
cortinas que se fechan a túa silueta acendida
facéndose incendio collendo
corpo baixo o líquido como nunha cubeta con fixador de secado no laboratorio
dun fotógrafo