Páginas

sexta-feira, 20 de setembro de 2013

Emily on the road - IV

|Ramón Blanco

ilustração de m. m. reino


tamén chegaron as gaivotas na busca de alimento

reparas en que algún peixe xa estaba morto antes da danza da morte

os peteiros

penetran no limo da pel penetran no ventre murcho dos infortunados

da carnaza extirpan fragmentos de intestino que aboian facendo círculos vermellos antes da extinción como caramonas tras o incendio como a noite estrelada

e os corpos baleiros afondan co peso de todos os adeuses ancoran no máis fondo da lama

pensei que sería fermoso afogar tamén así o peso do teu recordo empuxarche o ventre entre líquidas cortinas que se fechan a túa silueta acendida

facéndose incendio collendo corpo baixo o líquido como nunha cubeta con fixador de secado no laboratorio dun fotógrafo

descendo os chanzos da auga até bater no limo

no máis fondo da lama