sábado, 21 de setembro de 2013

Emily on the road - V

|Ramón Blanco

ilustração de m. m. reino


busquei na maleta aquel retrato no que sorrimos

lembras –

tamén collín unha folla de afeitar e corteino ao medio

quería gardar a túa metade na carteira pero ao final

optei por tirala tamén ao mar – despois da miña –

a música das ondas parecía querer facer que eses dous anacos do noso interior danzasen sobre as augas do mar

mais non chegaron a rozarse

non agardei a ver o seu rumbo

entrei no coche para iniciar a viaxe partindo de nós – a miña propia derrota – 

como partín a foto

na que agora estamos mortos

e aínda así

sobrevivimos