Nacín en 1979. Crieime
en Cando (Outes). Son membro do colectivo literario Sacou. Moitos dos meus
primeiros textos apareceron na revista A
Caramuxa, que era o voceiro deste grupo fundado na vila de Noia a finais
dos noventa. Na Casa da Gramática,
publicación do instituto onde estudara, seguen a editarme versos. No 2005, aproveitando que traballaba
na editorial Toxosoutos, xuntei unha escolma poética no libro Orfeu en soños. Co selo da editora Acha
Escrava, proxecto herdeiro do colectivo Sacou, publiquei un novo poemario no
2012: Emily on the road.
Levo
varios anos dedicado ao estudo da estulticia humana, lamentabelmente sen poder
aportar resultados concluíntes. Cando tento canalizar esta obsesión a través da
arte literaria, acostumo escribir ensaios poéticos, que despois destrúo ou
publico (talvez outra forma de destrución). Creo na violencia natural.
O meu blogue: www.aoutrabanda.blogspot.com
No Facebook:
http://www.facebook.com/ramon.blancofernandez.1