Páginas

segunda-feira, 16 de setembro de 2013

Emily on the road - I

|Ramón Blanco

ilustração de m. m. reino


Inicio

pola separación e a enfermidade

nun domingo sombrizo

viñeches dar aquí e xa é tarde – tamén é tarde

para o retorno – non penses máis niso –

nubes preñadas de dor púrpura

as nubes pairan por riba da túa cabeza patinan nas xeadas

cabezas dos operarios do estaleiro

as sirenas

penduran a súa furia no arame do vento

nordés e no fondo

aceiro

das augas os ollos

– penetrantes – envolven a lama – cospen o limo cospen

os fillos que enxendren

a pel dos peixes devolve

estalos metálicos – compós reminiscencias heroicas no papel –

de prata ollos brancos no fondo da lama

o mar

o mar espello que nos devolve

a mirada esa mirada luz que nos envolvía nunha sacudida

eléctrica –